InicioEconomíaO patrón maior de Burela anuncia a mobilización das confrarías contra a...

O patrón maior de Burela anuncia a mobilización das confrarías contra a UE por tratalos como “delincuentes”

Di que os barcos pesqueiros realizan "un traballo ben feito" ao chegar a un rendemento máximo sustentable en 2019 e 2020.

Publicada o

- Advertisement -

presidente da Federación de Confrarías de España e patrón maior de Burela, Basilio Otero, carga contra o novo regulamento de control da Unión Europea. “Somos pescadores, non delincuentes”, sentenza.

A frota galega convoca un paro este venres ao mediodía en contra deste regulamento. Otero anima a outras comunidades a sumarse a esta mobilización que se fará na entrada dos portos, “xa que con esta pandemia non se pode facer unha manifestación en terra”.

Remarca que a este paro está chamada “toda a frota”, non só a artesanal, para protestar por ese regulamento que contempla cuestións como que todas as embarcacións de máis de catro metros teñan que estar xeolocalizadas. A obrigación da instalación de videocámaras é outro dos seus puntos máis controvertidos.

“Máis que para rexeitar (o novo regulamento), é para dicirlle a Europa que nós somos pescadores e non delincuentes. Estamos fartos de tanta medida coercitiva”, subliña. Ademais, colgaranse pancartas nas confrarías. Censura como unha “tomadura de pelo” a postura da UE cara á frota. “Parécenos unha forma de dicirnos que non nos queren. Europa ten que ser valente e que o diga de forma clara”, asegura.

MÁIS PAROS

Avanza que non se van a quedar neste paro, dado que continuarán con “máis reivindicacións”. A mobilización do venres “será unha primeira toma de contacto para que ver que apoio hai no sector”. Como presidente das confrarías españolas, recibiu a comunicación de depósitos asturianos e do patrón maior de Santa Pola, en Alacante, de que tamén se suman aos paros. “Ao longo do día de hoxe e de mañá seguirá habendo máis mensaxes de adhesión”, prevé.

O tamén patrón maior de Burela afirma que os barcos pesqueiros realizan “un traballo ben feito” ao chegar a un rendemento máximo sustentable en 2019 e 2020. Ademais, demostraron ser “resilientes a todas as adversidades”, “incluída esta maldita pandemia”.

“Hai, ademais, unha futura lei de pesca de España que vai falar que as especies teñen que estar por encima do rendemento máximo sustentable. Non entendemos como os criterios científicos valen para unha cousa, e logo adáptanse en función da cor verde do goberno”, protestou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...