InicioEconomíaO comité asegura que Liberty "segue interesada" e apunta que "pode haber...

O comité asegura que Liberty “segue interesada” e apunta que “pode haber outros compradores”

Diversos medios fixéronse eco dos problemas da potencial compradora da planta de aluminio, que tería pedido un préstamo de rescate de 170 millóns de libras rexeitados polo Goberno británico

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, asegurou que o grupo británico Liberty House segue “moi interesado” na compra da planta de aluminio, pola que negocian a multinacional e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), e mesmo apuntou a que “pode haber outros compradores“.

Diferentes medios fixéronse eco nos últimos días dos problemas económicos da siderúrxica británica, que solicitou ao Goberno do Reino Unido dun préstamo de rescate bancario por 170 millóns de libras, finalmente desestimado.

OS OBREIROS ESPERAN “SOLUCIÓNS” DE GOBERNO CENTRAL E XUNTA

O dirixente do organismo de representación dos traballadores do complexo industrial de San Cibrao non desvelou os nomes deses posibles futuribles, facendo fincapé na responsabilidade das Administracións respecto do conflito laboral. “Imos ver que solucións poñen enriba da mesaGoberno central e Xunta de Galicia, indicou, reclamando que os traballadores están “pendentes” de ver en que condicións merca a planta a SEPI, posto que “cada euro que saia desta operación debe obrigarse a investir na planta de San Cibrao”.

O VINDEIRO MARTES, REUNIÓN CONVOCADA POLO GOBERNO

O Goberno central chamou ao comité e aos sindicatos con representación en Alcoa San Cibrao –CC OO, CIG e UGT– a unha reunión o día 6 de abril, martes, para abordar a situación da planta, na que Alcoa presentou un Expediente de regulación de emprego (ERE) declarado nulo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A empresa mantén aberta a vía xudicial ao recorrer ao Supremo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...