EFE. O presidente do comité de empresa da fábrica de aluminio de San Cibrao da multinacional Alcoa, José Antonio Zan, opina que “non hai escusas” para xustificar un atraso na compra da factoría por parte do grupo público SEPI.
“Esperamos que haxa avances” na reunión prevista esta tarde entre representantes de sindicatos, Goberno central e Xunta de Galicia, xa que “Alcoa quere vender” a súa fábrica e o grupo británico Liberty House -da multinacional india Gupta Family Group (GFG) Alliance, que afronta problemas financeiros- “quere comprar” esa factoría.
En opinión de Zan “non hai escusas” para atrasar a operación, porque “a SEPI pode comprar a fábrica en calquera momento” e expresou a súa esperanza de que a venda conclúa antes de finais de abril.
“Se hai interese pódese chegar” a un acordo, dixo Zan, quen sinalou que a decisión final depende do Ministerio de Industria, porque “non se lle pode pasar a pelota a ninguén máis. Está en tellado da SEPI, do Ministerio e da Xunta de Galicia”, concluíu.