InicioEconomíaConde urxe ao Goberno un acordo con Alcoa sobre a planta de...

Conde urxe ao Goberno un acordo con Alcoa sobre a planta de San Cibrao

O conselleiro de Economía pide tamén axilizar a mobilización de fondos europeos para sectores afectados pola pandemia.

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, urxiu ao Goberno central alcanzar un acordo con Alcoa para a venda da planta de San Cibrao á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e axilizar a mobilización de fondos europeos para que o impacto da pandemia na economía sexa “o menos lesivo” posible.

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, insistiu tamén na necesidade de que o Executivo central “axilice todo o que supón a mobilización de fondos europeos e as axudas anunciadas” para sectores afectados pola pandemia “para que o impacto sexa o menos lesivo (posible)” na economía. “Entre todos temos que corrixir a situación con estabilidade, confianza e unha boa xestión de fondos europeos, que é o que lle pedimos ao Goberno”, aseverou.

O vicepresidente segundo da Xunta pediu “a máxima axilidade” a Alcoa e o Goberno para a venda da planta de San Cibrao á SEPI despois de que na reunión desta semana non houbese avances. Ademais, tachou de “cortina de fume” a referencia a outros posibles compradores, xa que, segundo remarcou, antes de que a SEPI venda a fábrica a unha terceira empresa, debe adquirila. Así as cousas, remarcou que “o primeiro paso” debe pasar polo peche dun acordo entre o Goberno e Alcoa antes da data fixada, o próximo 30 de abril, tras o que se poderá explorar a posibilidade doutros compradores ademais do Grupo Liberty House.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...