InicioEconomíaNoruega confía na tecnoloxía e bo facer dos estaleiros de Castropol

Noruega confía na tecnoloxía e bo facer dos estaleiros de Castropol

Gondán entrega o Magne Arvesen, tras entregar hai uns meses o Sunderøe.

Publicada o

- Advertisement -

O arrastreiro conxelador Magne Arvesen, un dos buques máis avanzados da súa clase, xa está listo. A empresa Gondán entregoullo á empresa norueguesa Engenes Fiskeriselskap A/S para que opere en augas do Atlántico Norte e do Ártico, en augas do Mar de Barents e do arquipélago das illas Svalbard.

Magne Arvesen é o segundo arrastreiro conxelador que Gondán entrega no últimos seis meses a Noruega tras o Sunderøe, polo que se sitúa como un referente en barcos sofisticados para a industria pesqueira norueguesa.

Este novo buque, deseñado por Kongsberg Maritime -encargado tamén de fornecer os equipos principais- ten unha eslora de 69,9 metros e unha manga de 16 metros. Cunha acomodación para 29 persoas, o arrastreiro conxelador dedicarase ao descabezado, evisceración e conxelación de peixe branco.

Para iso, conta cos máis modernos e automatizados equipos de procesado de peixe e unha capacidade total de almacenamento de peixe conxelado de 1400 m3.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...