InicioEconomíaExpomar terá que agardar outro ano máis

Expomar terá que agardar outro ano máis

Neste 2021 haberá os días 20 e 21 de maio as xornadas técnicas.

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar acordou, na reunión do comité executivo celebrada este luns, que este ano non se celebrará a tradicional feira náutico-pesqueira de Burela, dado que non se dá a seguridade suficiente para a súa celebración.

A próxima edición terá lugar en 2023, xa que no próximo ano 2022 coincidiría con outros eventos similares en Vigo e Bilbao. Neste 2021 si que haberá, os días 20 e 21 de maio, as xornadas técnicas e o encontro empresarial que, por segundo ano consecutivo, terán lugar de maneira telemática.

Nos próximos días, segundo informaron desde a fundación, iranse pechando o programa e os relatores.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...