InicioEconomía"O ERE de Alcoa era ficticio porque tivo beneficios... Por iso tombouno...

“O ERE de Alcoa era ficticio porque tivo beneficios… Por iso tombouno o xulgado”

O presidente do comité confirmou que a factoría deu beneficios "en febreiro, en marzo e volverá dalos en abril".

Publicada o

EFE. O comité de empresa de Alcoa San Cibrao sostén que os beneficios declarados pola multinacional no primeiro trimestre do ano, grazas á subida do prezo do aluminio, demostran que o ERE exposto na fábrica mariñá era “ficticio”, porque as perdas do complexo tiñan causas “conxunturais” e non “estruturais”.
En declaracións a EFE, o seu presidente, José Antonio Zan, afirmou que os traballadores están “moi contentos” por eses “bos resultados”, que veñen demostrar que o ERE exposto pola multinacional era “ficticio”, porque non se asentaba sobre causas xustificadas.
Segundo Zan, a empresa facía referencia a problemas “estruturais” para xustificar os despedimentos e o previsible peche da planta de aluminio primario, cando a actual situación demostra que eran circunstancias “conxunturais”. Estes resultados “demostran”, engadiu, que “o ERE se asentaba sobre augas turbulentas e non sobre uns cimentos sólidos. Por iso tombouno o xulgado”.
O presidente do comité confirmou que a factoría deu beneficios “en febreiro, en marzo e volverá dalos en abril”. En canto ao proceso de negociación para a súa venda á SEPI, informou de que o comité enviou escritos para reunirse con todos os grupos políticos do Parlamento de Galicia e do Congreso dos Deputados. De momento, o primeiro en responder foi o vicepresidente económico da Xunta de Galicia, Francisco Conde, con quen se reunirá o vindeiro luns -19 de abril- en Santiago de Compostela, a partir das 10:00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...