InicioEconomíaRecuperarase a liña do Feve "da UCI" tras anos de abandono?

Recuperarase a liña do Feve “da UCI” tras anos de abandono?

O PSdeG pídelle ao Goberno central a mellora da liña de ferrocarril Ferrol-Xixón e critica o "abandono" á que a someteu os gobernos de Rajoy.

Publicada o

- Advertisement -

A Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento aprobou unha proposta do PSdeG para pedirlle ao goberno de España que continúe coa mellora nas condicións da liña de ferrocarril Ancho Métrico Ferrol-Xixón (Feve). A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, criticou o “abandono” da liña por parte do goberno de Rajoy, que estrangulou a infraestrutura até deixala “na UCI” en 2018.

A responsable socialista aludiu ás denuncias dos veciños e dos alcaldes da perda de servizos e calidade neste ferrocarril, con até 800 supresións de servizos en 2016, sen que o goberno galego mostrara o máis mínimo interese por trasladar as necesidades das comarcas. Así, lembrou que “o desinterese foi tal que obrigaron aos alcaldes e veciños a esperar máis dun ano, entre abril de 2016 e maio de 2017, ata que foron recibidos en San Caetano”.

“Tivo que chegar o goberno dun presidente socialista con compromisos, orzamentos, feitos e realidades para sacar ao tren da UCI, de planta e mesmo do Hospital”, destacou nun comunicado. Ademais, apuntou ao traballo inxente que require esta infraestrutura logo dun goberno do PP que “deixou moribundo” a unha liña ferroviaria que conecta 47 localidades de Ferrolterra, Ortegal, A Mariña e Asturias ao longo de 320 quilómetros, que non teñen outra alternativa de transporte público.

Apuntou que foi finalmente o goberno presidido por Pedro Sánchez o que aprobou o plan de renovación da frota de Renfe, presentado o pasado 29 de decembro, incluíndo a adquisición de 31 trens de Ancho Métrico que irán destinados tamén a Galicia, así como a convocatoria de 500 prazas de maquinistas, que se pechará leste mesmo mes de abril.

Por iso, afeoulle ao PP que “critiquen a compra de 31 máquinas para mellorar o noso ferrocarril despois de que en sete anos e medio comprara cero” trens.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...