InicioOrientalA PontenovaComezan os traballos de renovación da estrada que percorre Trabada, A Pontenova...

Comezan os traballos de renovación da estrada que percorre Trabada, A Pontenova e Lourenzá

É tamén moi empregada polos veciños do centro da provincia cara as praias da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo comezou os traballos de renovación da estrada provincial LU-P-5506, unha vía que une Augaxosa con Trabada. Esta vía discorre polos concellos de Trabada, A Pontenova e Lourenzá, dende o quilómetro 0 ata o 4,1.

Nun comunicado, a institución provincial destaca que investiu 52.500€ nesta vía que percorre os concellos de Trabada, A Pontenova e Lourenzá, e é a principal vía de comunicación deste concello coa capitalidade lucense. Con esta mellora que comeza coa limpeza de cunetas e que, posteriormente executarase o estendido do aglomerado en quente, a vía queda renovada de maneira íntegra.

O presidente provincial, José Tomé, subliñou que unha liña de actuación prioritaria da Deputación é a mellora da rede viaria. “Cremos que a mobilidade é un dereito máis da cidadanía, e manter en bo estado as comunicacións por estrada é imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial, e, polo tanto, para fixar poboación no rural”, dixo.

“Con esta actuación a institución provincial dá reposta a unha demanda histórica dos veciños da zona, que reclamaban a remodelación desta estrada”, engadiu. A LU-P-5506, ademais de ser a vía que conecta con Lugo cidade é tamén moi empregada polos veciños do centro da provincia cara as praias da Mariña, beneficiando deste xeito a milleiros de persoas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...