InicioEconomíaTrabada subvencionará con ata 3.500 euros os gastos dos hostaleiros do concello...

Trabada subvencionará con ata 3.500 euros os gastos dos hostaleiros do concello pola covid

Habilita un crédito extraordinario de axudas económicas.

Publicada o

- Advertisement -

O pleno do Concello de Trabada aprobou este martes un crédito destinado a poñer en marcha un paquete de axudas económicas para a hostalería e a restauración local, un dos sectores máis afectados pola pandemia da coronavirus.

“No pleno aprobamos inicialmente un crédito extraordinario de 15.000 euros con cargo ao remanente de tesourería para impulsar un paquete de axudas destinadas aos servicios de restauración da vila, que complementarán as medidas que xa puxemos en marcha o ano pasado, para o pago aluguer, co fin de contrarrestar o impacto económico da Covid-19”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García.

Nun comunicado, a rexidora di ser consciente da situación que están atravesando os autónomos, o pequeno comercio eo servicio de restauración de Trabada, “un gremio moi prexudicado pola crise sanitaria debido aos peches dos establecementos e as restricións horarias”. “Por iso queremos anunciar que o concello establecerá axudas ata un máximo de 3.500 euros para que podan recuperarse desta situación tan excepcional”, engadiu.

Esta contía económica equivale á cota de autónomos anual, e a través dela poderanse subvencionar os gastos derivados desta cota e os seguros de responsabilidade civil, así como diversos subministros correntes (teléfono, luz, auga ou combustible). Unha vez que o crédito quede aprobado definitivamente, o concello aprobará as bases reguladoras das axudas.

OUTROS ACORDOS

Na sesión plenania, aprobouse tamén un suplemento de crédito con cargo ao remanente para financiar gastos urxentes derivados da concesión dunha subvención do IDAE, un organismo que depende do Ministerio de Transición Ecolóxica que financia parcialmente o proxecto de rehabilitación da envolvente térmica nos edificios municipais da Gardería e da Cámara Agraria. Dita financiación ten que ser completada con cargo a fondos propios municipais por importe de 17.378,41 euros.

O pleno aprobou tamén inicialmente a taxa de visita ao Centro Etnográfico José Rocha, que se abrirá próximamente. A entrada individual será de 1,50 euros, gratuíta para menores de 12 anos e dun euro por persoa para os grupos organizados de máis de vinte persoas.

Por último, aprobouse a taxa por utilización da pista de pádel municipal. A tarifa pola reserva da pista de pádel será de 6 euros por 90 minutos. Cando sexa necesario, incrementarase 1 euro a tarifa pola utilización de luz na pista.

 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...