InicioEconomíaO comité de Alcoa ameaza: "Volveremos á rúa para loitar polos nosos...

O comité de Alcoa ameaza: “Volveremos á rúa para loitar polos nosos empregos

"Comprometemos a paz social e téñena ata o 29 de abril, pero queremos solucións”, apunta.

Publicada o

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao comeza a estar farto da dirección da empresa. Tras unha nova negativa á venda da factoría, o comité compareceu para pedir ás administracións e á multinacional que traballen para “ desencallar” o proceso de negociación para a venda da planta de aluminio primario. En todo caso, lembraron que a “paz social” está pactada ata o 29 de abril, polo que se non hai solución, os traballadores poderían volver “á rúa” para “loitar” polos seus empregos.
En declaracións aos medios de comunicación, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, acompañado por outros membros do órgano de representación dos traballadores, recoñeceu que, neste momento, hai “dous problemas” que están a dificultar a posibilidade de pechar un acordo. Por unha banda, dixo, está a solicitude de “indemnidad” que expón Alcoa, para quedar exenta de responsabilidades tras a venda e, por outro, a solvencia de Alvance, do grupo británico GFG, propietario tamén de Liberty, en problemas tras a quebra do seu principal financiador, o banco Greensill.
“Alvance entregoulle unha documentación ao Ministerio que agora ten que estudar. A nós dános igual que sexa Alvance ou calquera outro grupo industrial” o que compre a fábrica, recoñeceu Zan, sempre que as súas propostas industriais sexan “factibles e viables”.
De feito, o presidente do comité confirmou que o Goberno informou de que “existen” outras empresas interesadas en facerse coa planta. En canto á “ indemnidade” que pide Alcoa, afirmou que é “algo ilóxico”, algo que está “fóra da lei”. “Isto hai que desencallao. Quen ten que dar solución a todo isto son os gobernos. Non imos ter problema en volver saír á rúa e volver loitar. Comprometemos a paz social e téñena ata o 29 de abril”, engadiu Zan, pero “queremos solucións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...