InicioEconomíaCervo, o concello galego con maior PIB por habitante

Cervo, o concello galego con maior PIB por habitante

A renda total dos residentes na Coruña e Vigo supón o 23% do total da renda galega.

Publicada o

- Advertisement -

As sete grandes cidades concentran o 42% da renda galega, segundo a renda municipal dos fogares que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) e, outro, o de Oleiros, é o preferido polos máis ricos para vivir.  Cunha renda por habitante de 22.959 euros en 2018, segue como o que ten unha maior renda de Galicia, este ano un 51,7% superior á media galega (15.132 euros).

Con todo, o concello con maior PIB por habitante, Cervo, atópase tamén por encima da media galega en termos de renda por habitante.

Un 36% dos habitantes da comunidade galega reside nos sete concellos máis poboados, o cal ten influencia sobre a repartición da renda municipal, non só pola relación entre o número de habitantes e a renda total dun municipio, senón porque tamén dá a idea da concentración das actividades produtivas, xeradoras de renda e emprego, que actúan como elemento de fixación de poboación.

De feito, a renda total dos residentes na Coruña e Vigo supón o 23% do total da renda (e o 19,6% da poboación). Outro seis concellos teñen unha renda media por habitante que supera en 15 puntos ou máis á media galega en 2018: A Coruña, Santiago, Bergondo, Nigrán, Ourense e As Pontes. Os de Teo, Lugo e Pontevedra completan os 10 con máis renda por habitante.

SALARIOS

En 2018, a remuneración de asalariados é a principal fonte de renda de 216 concellos galegos (o 69%). Desde 2013 está a incrementarse o número deles cuxa principal fonte de renda son os salarios, feito que está moi relacionado co incremento da actividade económica rexistrada en Galicia desde ese ano.

Con todo, en 95, sobre todo das provincias de Lugo e Ourense, son as prestacións sociais as que achegan un maior volume de recursos, aspecto moi vinculado ao envellecemento da poboación.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...