InicioEconomíaO Ministerio de Industria: "Alcoa ten que deixar xa de facer sufrir...

O Ministerio de Industria: “Alcoa ten que deixar xa de facer sufrir á Mariña”

Di que hai un escenario "moi claro", con "empresas interesadas na compra da planta de San Cibrao".

Publicada o

- Advertisement -

O Ministerio de Industria remitiu unhas declaracións do secretario xeral de Industria e Peme, Raül Blanco, a última hora da tarde nas que se refire a un escenario “moi claro”, con “empresas interesadas na compra da planta de San Cibrao, empresas industriais”.

Neste contexto sinalou que “o principal é que Alcoa estableza conversacións con elas e expoña unha operación de venda viable á cal o Goberno, a través de todos os seus instrumentos, daralle apoio”. Ata agora, tanto o Goberno central como a Xunta e o comité de empresa centráronse no interese de Liberty por facerse coa planta de aluminio.

Quen ten que facer esa función, traballar esa operación de venda, é o propietario, que é Alcoa”, subliñou Blanco, tras referirse a contactos pero sen explicar a súa ausencia na mesa multilateral.

Con todo, o Executivo central, dixo, está “aberto a colaborar, a facilitar calquera acción que sexa necesaria para que esa venda sexa unha realidade o máis pronto posible”, e avoga por colaborar tamén coa Xunta para iso e co obxectivo último de que Alcoa “deixe de facer sufrir á Mariña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...