InicioEconomíaA Deputación lanza un bono desconto de 30 euros para gastar en...

A Deputación lanza un bono desconto de 30 euros para gastar en negocios de hostalaría e comercio

Para empregalos, deberán facerse compras superiores aos 60 euros

Publicada o

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou os ‘Bonos Impulso’, aos que o goberno provincial destina medio millón de euros para favorecer o consumo nos negocios de hostalaría e o comercio dos 67 municipios lugueses, entre eles, moitos da Mariña. A presentación tivo lugar nos xardíns do pazo de San Marcos, onde Tomé explicou estes bonos orientados á hostalaría e o pequeno comercio da provincia. Así, precisou que se prevén mobilizar outro medio millón de euros en consumo, co que a “inxección económica” para os negocios chegaría ao millón de euros. Trátase de 17.000 bonos cun importe de 30 euros cada un para consumir e comprar nos establecementos da provincia. Para empregalos, deberán facerse compras superiores aos 60 euros. “Isto vai xerar un efecto multiplicador importante, cada persoa vai poder solicitar un bono como máximo, e no caso de que algún quedase sen asignar haberá sorteos ata esgotar os 17.000″, concretou. En cada concello “haberá unha repartición equitativa dos bonos, seguindo criterios obxectivos de poboación, criterios de número de desempregados e de número de empresas dadas de alta”. O vindeiro luns será publicada a orde das axudas no Boletín Oficial da Provincia, co que, a partir do martes, abrirase o prazo para que se somen á iniciativa aqueles negocios ou comercios que así o desexen. Os bonos, que serán de carácter nomitativo, terán unha validez ata o 30 de agosto e, unha vez que se soliciten a través da páxina web provincial, chegarán ao domicilio dos solicitantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...