InicioEconomíaO comité de Alcoa volverá á folga ante a falta de acordo...

O comité de Alcoa volverá á folga ante a falta de acordo para a venda da planta no prazo previsto

A suspensión das protestas tiña como límite este 30 de abril. En cinco días, retomarán o paro

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa en Cervo lembra que a suspensión da folga ata este 30 de abril estaba vinculada coa consecución dun acordo marco para a venda da planta de aluminio de San Cibrao, cousa que non ocorreu, polo que apunta á semana que vén para o regreso ao paro na Mariña.

En declaracións a Europa Press, o presidente do comité, José Antonio Zan, sinala que esta medida para reivindicar un futuro para a factoría suspendeuse ata as 00,00 horas deste 1 de maio. A partir deste día volverán convocala, co que, no prazo legal de cinco xornadas, irán de novo á folga.

Este venres 30, precisamente, o Ministerio de Industria emitiu un comunicado no que apunta a Alvance, a división de aluminio de GFG Alliance, para destacar que segue interesada e “en condicións de afrontar” a compra de Alcoa Cervo sen intermediarios.

Sucede isto xusto un día despois de que tanto o comité como a Xunta como a propia multinacional estadounidense incidisen na necesidade de que sexa a SEPI (dependente do Ministerio de Industria) a que actúe de intermediaria na operación de compravenda.

No aire está o recurso que Alcoa presentou ante o Tribunal Supremo contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que tombou o despedimento colectivo que pretendía aplicar na fábrica, que afectaba a máis de 500 persoas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...