A Xunta carga contra o Goberno central pola situación de Alcoa

Pídelle que o Goberno central "asuma o compromiso" de "liderar esa venda".

Francisco Conde. CARLOS CRESPO/XUNTA DE GALICIA

O vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, amosouse moi crítico coa situación da factoría Alcoa. Así, lamentou que tanto o Estado –a través da SEPI– como a empresa “limitáronse a deixar ao carón a negociación” para agora “volver á casa de saída” cando o proceso “estaba xa practicamente culminado”.

Neste contexto, apelou ao Goberno central para que “asuma ese compromiso” de “liderar esa venda”. “Entendemos que, antes de poder falar con terceiras empresas, o primeiro é que Alcoa e a SEPI concreten ese acordo de venda e senten nesa mesa de negociación”, continuou.

No caso de que ese diálogo non prosperase, Conde recoñeceu que “hai outros posibles compradores” como Liberty, que “mantén o seu compromiso”: “Pero creo que ese é un estadio no que non estamos nestes momentos”.

O vicepresidente económico da Xunta tamén reclamou ao Executivo central que “actúe de forma inmediata” cunha “auditoría técnica financeira” no caso da planta de Alu Ibérica na Coruña, tendo en conta que a xustiza investiga a venda por parte de Alcoa ao fondo Parter e, seguidamente, ao Grupo Risco.

AXENCIAS

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here