InicioEconomíaO Comité de Alcoa: "Agardemos que o ministerio cumpra a súa palabra,...

O Comité de Alcoa: “Agardemos que o ministerio cumpra a súa palabra, senón sairemos á rúa”

A representación dos traballadores reunirase esta noite co Goberno de España para coñecer a súa postura en relación co proceso de venda.

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confía en que o Ministerio de Industria “cumpra a súa palabra” e a SEPI non se limite a vixiar o proceso de venda da factoría de aluminio primario, “senón que cumpra o que prometeu no seu momento e facilite a operación”.

“Pola contra, se non é así, teríannos enganados a todos durante un ano”, dixo Zan antes da reunión co Ministerio de Industria que se producirá este martes, a partir das 20:30 horas. Desde o seu punto de vista, “agora está sobre a mesa o que prometeron, de modo que só teñen que asinalo”.

Segundo Zan, o que se lle pide ao Ministerio é que “cando Alcoa e o comprador estean de acordo, se garanta vía SEPI ese cambio de titularidade da planta, nun acto único, sen custo para o contribuínte”. “Se o Goberno quere os postos de traballo e manter a produción de aluminio será posible. Se o que quere é pechar a fábrica e enganarnos a todos, non será posible”, engadiu Zan.

Nese sentido, lembrou que “se non hai resolución e o Goberno incumpre a súa palabra, seguiremos reivindicando unha saída para A Mariña, para a provincia de Lugo e para o sector do metal, sobre todo do aluminio”. O comité convocou para este mércores unha asemblea de traballadores, unha reunión para tomar decisións en función da postura que hoxe lle comunicará o Ministerio de Industria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...