InicioEconomíaA ministra Maroto pediralle a Alcoa que venda para "deixar de causar...

A ministra Maroto pediralle a Alcoa que venda para “deixar de causar dano na Mariña”

Pide "unidade" a sindicatos e administracións para facer fronte á multinacional.

Publicada o

- Advertisement -

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, destacou este martes a necesidade de “unidade”, tanto as Administracións como os sindicatos, fronte a Alcoa. Maroto comprometeuse a falar coa central da multinacional para coñecer se manteñen o seu compromiso de vender,”iso si, sen as esixencias inalcanzables que esixiu“. E pediralles que “analicen a viabilidade dos diferentes proxectos presentados, vendan e deixen de causar dano na Mariña”.

Maroto participou na reunión telemática de seguimento sobre o futuro da Planta de Alcoa en San Cibrao onde pediu aos sindicatos unidade de acción para alcanzar un acordo satisfactorio que garanta as capacidades produtivas da planta de Lugo. Tamén trasladou o interese de varias empresas na planta, mesmo algúns investidores españois, “o que demostra que a fábrica é viable”, dixo nun comunicado remitido polo ministerio.

Tamén Incidiu en pedir  aos sindicatos confianza no Goberno español e detallou as actuacións levadas a cabo polo  Ministerio para acompañar aos traballadores na procura dunha solución, como a personación do Ministerio de Industria no proceso do ERE presentado por Alcoa.

“O Goberno, como o fixo desde o principio, pon todos os instrumentos á súa disposición, incluída a SEPI para facer posible esta venda e traballará coa Xunta de Galicia para acompañar os proxectos de futuro para a planta da Mariña”, destacou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...