InicioM.ambiente e PatrimonioAlcoa, premio Dioxina 2020 "por abandonar a Mariña" sen saldar a súa...

Alcoa, premio Dioxina 2020 “por abandonar a Mariña” sen saldar a súa “débeda ecolóxica”

Comparte estes premios outorgados por Adega coa ex conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, “por protagonizar un dos casos máis escandalosos en Galicia de portas xiratorias.

Publicada o

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) vén de comunicar, logo da realización da súa 45ª Asemblea Xeral na xornada do sábado, do fallo dos Premios Osíxeno e Dioxina 2020, que nesta edición cumpren os 20 anos, e a través dos que quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista. E, entre o peor do pasado ano está Alcoa.
En canto aos premios Dioxina, que se outorgan a persoas e colectivos que teñan protagonizado as accións ou actitudes do ano máis nefastas para o medio ambiente galego, este ano foi para a ex conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, “por protagonizar un dos casos máis escandalosos en Galicia de “portas xiratorias” ao pasar a ser directora de Desenvolvemento Corporativo da compañía eléctrica Greenalia só dous meses despois de deixar a política.
“Durante a súa etapa como conselleira de Medio Ambiente e até 2019, a Xunta autorizou 5 parques eólicos ás distintas filiais de Greenalia, e concedeu 795.000€ en subvencións e 1.000.000€ en préstamos ás empresas do grupo no que agora traballa”, recalca Adega.
E o Premio Dioxina colectivo 2020 vai para ás mans de Alcoa “por querer abandonar a Mariña lucense sen saldar a súa débeda ecolóxica e social. En 2020, anunciou o despedimento de máis de 500 persoas sen un plan alternativo para o futuro da comarca e sen garantir o pago da súa débeda ambiental”.
PREMIOS OSÍXENO 
O Premio Osíxeno de Honra 2020, concibido para subliñar unha traxectoria vital en defensa do ambiente e do patrimonio, recaeu desta volta no traballo e no compromiso co medio ambiente galego do debuxante, humorista gráfico e guionista Carlos Silvar, un dos máximos expoñentes da ilustración naturalista de Galicia e autor das guías de Natureza en galego de referencia.
“Comprometido co ecoloxismo galego, a súa vontade sempre estivo aberta a colaborar con Adega e con outras organizacións para a defensa ecolóxica do país, ben a través da docencia, ben por medio do deseño e ilustración de materiais educativos e divulgativos”, apunta a entidade nun comunicado.
O recoñecemento das mellores actuacións ambientais en 2020 recaeron no activista e ecoloxista Fernando Malvar, “polo seu papel incansábel á fronte da plataforma A Rente do Chan-Pladever na defensa do Verdugo; e mais na Plataforma “Salvemos o Iribio”, na zona de Especial Conservación Ancares-Courel.
Adega lembra que o río Verdugo está ameazado por un “transvasamento e condenado a seguir soportando os efectos dunha central hidroeléctrica (Ponte do Inferno) que data de 1899 e que continúa en activo, malia a ter caducado a súa concesión de explotación en 2017”. O premio Osíxeno colectivo 2020 para “Salvemos O Iribio” quere recoñecer o seu éxito conseguindo frear a construción do parque eólico  da Serra do Iribio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...