InicioEconomíaComezan os traballos de aglomerado no firme na estrada de Augaxosa a...

Comezan os traballos de aglomerado no firme na estrada de Augaxosa a Trabada

Publicada o

- Advertisement -

Comezaron xa as obras de mellora da estrada provincial LU-P-5506 de Augaxosa a Trabada. Unha obra, que permite que a principal vía de comunicación do municipio mariñano coa capitalidade da provincia quede completamente renovada con aglomerado en quente.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañados da alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, supervisaron os traballos de renovación da estrada.

A institución provincial inviste 152.500€ nesta vía que percorre os concellos de Trabada, A Pontenova e Lourenzá, e é a principal vía de comunicación do municipio trabadense coa capitalidade da provincia. Estas melloras permitirán que a vía quede renovada de maneira íntegra co estendido de aglomerado en quente. Anteriormente realizouse a limpeza de cunetas.

“Esta actuación dá resposta a unha demanda histórica da veciñanza da zona, que reclamaban a remodelación desta estrada LU-P-5506, por ser a vía que conecta con Lugo cidade. Desta mellora tamén se beneficiarán moitos veciños e veciñas do centro da provincia que empregan esta estrada para acudir ás praias da Mariña”, apuntan desde a institución provincial.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...