InicioEconomíaQueres traballar de axente encargado de aparcamentos?

Queres traballar de axente encargado de aparcamentos?

Xa se publicaron as Bases Reguladoras polas que se establecen as normas que regulan o proceso selectivo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de hoxe se publican as Bases Reguladoras polas que se establecen as normas que regulan o proceso selectivo como persoal temporal por vacante de axente encargado/a de Aparcamientos A Mariña SL (Centro Especial de Emprego de Galicia 47-GZ) e ata que se proceda a cobertura da praza a través dos correspondentes procesos selectivos.

O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Viveiro en horario presencial de nove a catorce horas de luns a venres (dada a situación na que nos atopamos pola crise sanitaria do COVID 19, previamente solicitarase cita chamando ao teléfono 982560128), ou mediante rexistro telemático as 24 horas.

Se a solicitude non se presenta no Rexistro do Concello de Viveiro, deberase poñer en coñecemento da entidade mediante Fax (982 561 147) ou mediante correo electrónico (concellal.facenda@viveiro.es) antes de finalizar o prazo de solicitude.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...