A lea de Alcoa non remata… os traballadores a piques de ir á folga o xoves

O presidente do comité di que a día de hoxe o único que saben é que "a ministra contactou con Alcoa".

Barricadas de pneumáticos á entrada de Alcoa. CEDIDA

Os traballadores de Alcoa están chamados á folga a partir deste xoves en caso de non haber ningunha novidade ata entón na negociación para a venda da planta de San Cibrao a través da SEPI (Sociedade estatal de participacións industriais).

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, culpou este martes á titular de Industria, Reyes Maroto, do “atraso” nas negociacións e asegurou que a día de hoxe o único que saben é que “a ministra contactou con Alcoa”, apremando a que se chegue “ao acordo do 27 de setembro (de 2020) e comeze a negociación co comprador e a SEPI facilite esa negociación”.

O sindicalista de Comisións Obreiras lembrou que “mañá –por este mércores– é o último día”, do prazo marcado ata o 12 polos traballadores para retomar a folga se non se producen avances. De ser así, o paro retomaríase o xoves, concluída a semana de prórroga que deron ás partes.

“Esperemos que a ministra cumpra cos seus compromisos e cumpra coa súa palabra e dunha vez por todas xa se desbloquee esta situación”, reivindicou Zan.

Reiterando que o grupo británico Liberty segue “interesado” na compra da planta mariñá, subliñou que esa “é a única oferta clara”. “E habendo unha empresa e habendo uns plans enerxéticos, non entendemos por que se está atrasando todo isto por culpa da ministra”, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here