IniciosociedadeTécnicos de enfermaría reivindican o seu labor cunha concentración diante do Hospital...

Técnicos de enfermaría reivindican o seu labor cunha concentración diante do Hospital de Burela

Os Técnicos en Coidados de Enfermaría (TCE) denuncian acoso e menosprezo por parte doutros colectivos sanitarios. Reivindican o seu labor lembrando que “a atención ao paciente se fai en equipo”.

Publicada o

- Advertisement -

Técnicos de enfermaría celebraron este mércores 12 de maio o Día Internacional da Enfermaría e aproveitando esta data, os TCE do Hospital Comarcal da Mariña concentráronse nas portas do complexo hospitalario ás 12 do medio día.

O motivo era reivindicar a súa figura dentro dos equipos médicos que atenden ás persoas ingresadas nas instalacións hospitalarias. Os TCE en España está integrados dentro do colectivo de Enfermaría. Desde o Sindicato de Técnicos de Enfermaría (SAE) sinalan a discriminación que sofren por parte dos demais grupos profesionais cos que comparten o mesmo ámbito laboral.

A organización sindical denuncia ataques por parte do Consejo General de Enfermería (CGE) “cunha campaña de intimidación para retirarmos a publicidade do Día Internacional da Enfermaría”. SAE sinala que o CGE tiña rexistrada como propiedade a “DÍA INTERNACIONAL DE ENFERMERÍA”. A partir de aí, o sindicato do colectivo TCE denunciou a postura do Consejo General de denuncialos por danos e prexuízos se o sindicato non retiraba a súa publicidade do 12 de maio.

“Os TCE celebramos todos os anos o 12 de maio porque formamos parte dos equipos de enfermaría” din desde SAE. “Por iso levamos adiante unha campaña en redes sociais, medios de comunicación e nas portas dos hospitais para visibilizar o noso traballo”.

Finalmente, queren deixar claro que o seu recoñecemento non chegará até que “se actualicen as nosas funcións, se nos inclúa no Grao Superior de Formación Profesional e poidamos entrar no grupo C1”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...