InicioEconomíaO sector da pesca da Mariña, en pé de guerra contra o...

O sector da pesca da Mariña, en pé de guerra contra o novo regulamento de control europeo

Haberá paros en Burela e Celeiro e concentracións de confrarías nos municipios de Ribadeo, Foz ou San Cibrao.

Publicada o

- Advertisement -

A Federación Galega de Confrarías de Pescadores volverá mobilizarse en practicamente todos os portos este venres para mostrar a súa oposición frontal ao novo regulamento de control europeo que afectará o marisqueo e á pesca artesanal, e denunciou a “falta de diálogo” da UE coas confrarías. Unhas protestas que se celebrarán tamén en varios portos da Mariña.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, o presidente da Federación, José Antonio Sieira (que estivo acompañado por representantes das federacións provinciais de Pontevedra, A Coruña e, telematicamente, Lugo) mostrou o seu “rexeitamento á nova normativa sobre xeolocalización, instalación de cámaras, remisión de datos desde as embarcacións para a frota de entre 4 e 12 metros e remisión de datos da mariscadora do montón”.

Así, trasladou “a preocupación dos sectores do marisqueo e da pesca artesanal” ante as posibles consecuencias que a normativa teña cos traballadores do mar en Galicia. “Sentimos que os parlamentarios europeos non foron capaces de coñecer a verdadeira pesca artesanal da nosa comunidade autónoma“, lamentou Sieira, e confirmou que o sector volverá mobilizarse este venres, ás 12,00 horas.

No caso de Lugo, o presidente da Federación Provincial, Basilio Otero, quen comunicou que haberá paros nos principais portos da provincia, Burela e Viveiro, así como concentracións de confrarías dos municipios de Ribadeo, Foz ou San Cibrao.

OPOSICIÓN FRONTAL

A oposición de Federación de Confrarías á nova normativa europea vén xa de lonxe. O seu presidente lembrou na roda que “xa o pasado 26 de marzo as confrarías de pescadores e mariscadoras falaron para deixar clara a súa postura“, contraria a un regulamento que non “atende ás particularidades sociais, climatolóxicas e xeográficas” de Galicia.

Para Sieira, precisamente as condicións climatolóxicas “imposibilitan” levar a cabo as tarefas de control para as embarcacións de entre 4 e 12 metros de eslora que a nova normativa imporía. Iso si, quixo deixar claro que a Federación non se opón ao control dos traballos de pesca, se non aos novos métodos que se imporían, similares aos da pesca industrial, xa que a Federación, é un erro tentar “equiparar á pesca artesanal coa pesca industrial”.

Tanto a Federación Galega como as Federacións Provinciais denunciaron “a absoluta falta de diálogo que a Unión Europea tivo coas confrarías”, o que levou ao Parlamento Europeo a desenvolver unha normativa que non pon en valor a forma de traballar dos pescadores galegos.

AXENCIAS

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...