InicioEconomíaBerro do sector da pesca contra a norma europea: "Somos pescadores,...

Berro do sector da pesca contra a norma europea: “Somos pescadores, non delincuentes”

Mobilizacións do sector en toda Galicia. O patrón maior de Burela, Basilio Otero, certificou que "o paro é grande" en Galicia e, de feito, interpretou que é maioritario".

Publicada o

- Advertisement -

As confrarías de pescadores de Galicia celebraron este venres diversas mobilizacións en Galicia, polas que, a través de pitadas, concentracións e un paro que consideraron “maioritario”, protestaron contra o novo regulamento de control que pretende implementar a Unión Europea.

Así, de acordo coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores, nesta segunda xornada de protesta do sector artesanal galego houbo concentracións da frota “ao longo de todo o litoral” e en “todas as rías”. Na Mariña houbo concentracións en Burela e en Celeiro.

Baixo a lema ‘Non á modificación do regulamento de control. Somos pescadores, non delincuentes’, “máis de 4.300 embarcacións permaneceron amarradas” e “preto de 3.500” mariscadoras a pé sumáronse á mobilización. “O apoio por parte das confrarías de pescadores pódese considerar do 100%”, selou.

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero, certificou que “o paro é grande” en Galicia e, de feito, interpretou que é maioritario, “tendo en conta que non é só a pesca de extracción, senón que tamén o marisqueo”.

O patrón maior de Burela precisou que o que reivindican é “o lóxico menos para quen lexisla, na responsabilidade de cumprir algunhas obrigacións e o que queren introducir nesta modificación do regulamento de control”, como a geolocalización e a obrigación de transmitir datos. “Hai moitas embarcacións de artes menores ás que lles vai a ser imposible” implantar estas modificacións, asegurou, a colación do que lamentou o “complicado que é levar un aparello, aínda que sexa un teléfono móbil, sen que se che molle para reportar datos”.

Así mesmo, no caso das embarcacións de marisqueo e mariscadores, explicou que “ao chegar a terra pasan un punto de control que teñen para descargar, dese punto de control pasan os datos á confraría e a confraría pásallos tamén de forma telemática á Consellería (de Pesca)”.

O deputado nacionalista Daniel Castro, xunto con cargos institucionais do BNG estivo presente na concentración das embarcacións no porto en Burela en contra da normativa europea / BNG

O deputado nacionalista Daniel Castro, xunto con cargos institucionais do BNG estivo presente na concentración das embarcacións no porto en Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...