InicioEconomía28 de maio de 2020: O día no que Alcoa anunciou o...

28 de maio de 2020: O día no que Alcoa anunciou o ERE

O comité anuncia mobilizacións para este 28 de maio. "O que necesitamos é que se poñan solucións encima da mesa, que empece a negociación co comprador ou compradores", di.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de Alcoa en Cervo, José Antonio Zan, anunciou que se convocou unha nova mobilización para o próximo 28 de maio, ao coincidir cun ano desde que a empresa anunciou o expediente de regulación de emprego que finalmente non puido levar adiante e coa operación de venda da planta da Mariña aínda pendente.

O persoal retornará así a unhas mobilizacións, que, segundo advirte Zan, “nunca” deixaron, aínda que “hai que ir vendo onde se está e cal é o escenario“. “Agora mesmo, o escenario é que dependemos dunha decisión política e para obrigar a que esa decisión política leve a cabo o que faremos é presionar aos políticos tanto locais, como provinciais e nacionais a ver se dunha vez por todas a SEPI fai todo o que prometeu”, advertiu.

Zan non quere entrar en quen é o responsable da “incerteza” que se cerne en canto ao futuro da fábrica mariñá e así despachou que “dicilo non serve de nada e non vai a ningún lado”.

O que necesitamos é que se poñan solucións encima da mesa, que empece a negociación co comprador ou compradores que poida haber e se busque unha saída canto antes; hai que buscar alternativas e fórmulas para que isto se desbloquee”, subliñou.

O presidente do comité de empresa de Alcoa lembrou que o 28 de maio hai “un ano” desde o inicio das protestas e precisamente vaise a conmemorar este aniversario cunha mobilización que aínda teñen que concretar.

Por último, Zan apelou a que “o que non é normal é que desde xaneiro que se comprometeu o Ministerio (de Industria) e a Xunta en buscar unha solución ao problema, para o que pediron paralizar a folga, non avanzase case nada ou máis ben pouco en canto á negociación para a venda”.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...