InicioEconomíaAsí quere A Mariña conquistar aos turistas en Madrid

Así quere A Mariña conquistar aos turistas en Madrid

“Volve a encontrar o Norte. Visita a Mariña Lucense” é a campaña que se presentará en Fitur.

Publicada o

- Advertisement -

Volve a encontrar o Norte. Visita A Mariña Lucense”. É o lema que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense promocionará en Fitur 2021, unha oferta coma destino turístico slow e responsable.

“Trátase de que a xente poida atoparse a si mesma e descubrir o seu norte particular, despois duns meses nos que a sociedade tivo que soportar situacións de tensión e incerteza a causa da crise provocada pola covid-19“, apuntou o presidente do ente, Fran Cajoto.

A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, destaca que en Fitur proxectaranse as distintas gráficas da campaña, que veñen a representar os principais atractivos da comarca: natureza, na costa e interior, patrimonio cultural, gastronomía, vida rural, tranquilidade e calidade de vida.

Tamén se presentará  un novo vídeo para esta campaña e darase a coñecer a guía recentemente publicada do xeodestino, que ven promover os principais atractivos e produtos da comarca, ferramenta que ademais viñan demandando os turoperadores.

“REACTIVACIÓN TURÍSTICA”

“A participación na feira ten por obxectivo axudar na promoción e reactivación turística do xeodestino co obxectivo de reducir o impacto que a crise sanitaria está tendo nesta comarca e tratar de seguir sendo unha opción nunha época na que os destinos nacionais gañan aínda mais peso dentro da oferta turística”, indicou Cajoto nun comunicado.

A promoción da Mariña en Fitur terá lugar na presentación programada para este xoves, 20 de maio coa presenza do propio Cajoto, que estará acompañado polo Delegado Territorial da Xunta, Javier Arias, e polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...