InicioEconomíaExpomar analiza os futuros retos do sector da pesca tras a covid

Expomar analiza os futuros retos do sector da pesca tras a covid

Expomar tentar retomar certa normalidade tras máis dun ano de pandemia. O rexedor de Burela, Alfredo Lano, empreza á próxima celebración do ano 2023, augurando unha feira espectacular.

Publicada o

- Advertisement -

As novas normativas europeas, o impacto da covid e as novas estratexias de futuro do sector foron os principais puntos nos que se centraron as XXVIII Xornadas Técnicas de Expomar celebradas este xoves 20 de maio en formato semipresencial desde o salón de actos da confraría de pescadores de Burela, tentando “recuperar unha certa normalidade nos eventos do sector”.

Aínda que os diferentes relatorios realizáronse a distancia, a presentación a cargo do presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, si se celebrou desde esta sala. As Xornadas Técnicas contaron este ano con 186 inscricións, máis de 25 persoas asistiron ao acto  presencialmente e uns 70 espectadores conectáronse nalgún momento a través da web e redes sociais da Fundación Expomar.

Llano lamentou non poder estar a celebrar a edición deste ano da feira náutico-pesqueira Expomar, na que a organización tiña postas grandes expectativas, pero xa emprazou ao público á próxima celebración do ano 2023, augurando unha feira espectacular.

Pola súa banda, o moderador da xornada, Javier Fraga, director de Abanca Mar, que tamén guiou o evento presencialmente desde a confraría de Burela, agradeceu ao sector pesqueiro o seu funcionamento durante o Covid e destacou as fortalezas de Burela como potencia pesqueira dentro de Galicia e España.

NOVOS RETOS DO SECTOR

A directora xeral de Pesca Sostible do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, abriu a xornada co tema «Principais retos do sector pesqueiro español» baixo o obxectivo da sustentabilidade, expoñendo o marco normativo español en desenvolvemento con tres novas leis e outros reais decretos.  Artime recoñeceu que son anos cruciais na política pesqueira internacional, europea e española, facendo especial fincapé no Brexit e o cambio de relacións que provoca.

Representando á dirección xeral de asuntos marítimos e de pesca da Comisión Europea, Emilia Gargallo centrouse na «Estratexia da granxa á mesa: que lle depara ao sector da pesca?», presentada hai un ano e que espera lograr que o sistema alimentario europeo se convirta en líder a nivel mundial. Para ela a do  Covid foi unha crise sanitaria, non alimentaria, pero confía en poder dispoñer dun plan de continxencia para garantir a subministración de alimentos en futuras crises.

Xornadas técnicas de Expomar / remitida

E finalmente Javier Garat, secretario xeral da Conferedación Española de Pesca (Cepesca) e presidente da Asociación das Organizacións Nacionais de Empresas Pesqueiras da Unión Europea (Europêche) realizou unha «Análise crítica da situación pesqueira», resumindo en oito puntos a narrativa de que a pesca non é o problema, senón parte da solución, encomiando os beneficios do peixe como alimento perfecto e que xera felicidade.

ESTRATEXIAS

Garat centrouse na crítica á política de escaparate, tanto a nivel español como europeo, comentando o pacto verde ou as estratexias de biodiversidade, facendo tamén referencias ao regulamento de control e ao Brexit. A nivel español fixo referencia á falta de tripulantes e titulados, á vez que se amosou decepcionado co chamado plan de recuperación para a pesca, lamentando a descoordinación entre ministerios dun mesmo goberno e criticando o desproporcionado réxime sancionador español.

A conselleira  do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, encargouse da clausura das Xornadas Técnicas Expomar 2021, na que aproveitou unha vez máis para agradecer a forma de traballar do sector durante a pandemia, enumerando as diferentes axudas promovidas desde a Xunta de Galicia.

Recoñeceu que o sector sufriu no último ano, pero ao mesmo tempo soubo redifinirse e adaptarse a unha situación tan complicada e con retos tan importantes. Por exemplo, o prezo medio de 2020 foi o terceiro mellor da serie histórica desde 1997, o que demostra a fortaleza do sector.

Esta edición de Expomar 2021 complétase o venres 21 pola mañá, coa celebración do XXII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que reunirá de maneira virtual un ano máis ás principais entidades representativas da frota galega e do sector pesqueiro a nivel nacional.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...