InicioEconomíaTrabada destina 44.000 euros para realizar obras municipais

Trabada destina 44.000 euros para realizar obras municipais

Tamén habilita un crédito de 13.000 euros para diferentes tarefas de mantemento na rede viaria municipal.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada habilitará un modificativo de crédito de 44.040 euros, con cargo ao remanente de tesouraría municipal, para facer fronte á achega municipal destinada a financiar dúas obras e para levar a cabo varias actuacións na rede viaria municipal.

A través dun comunicado, o concello informa que conseguiu recentemente unha subvención da Xunta de Galicia para a renovación e humanización da rúa Cotarelo, unha das principais arterias do municipio. O goberno galego aporta 67.760 euros e ao concello lle corresponden 59.240 euros (dos que 29.040 euros procederán deste modificativo).

Por outra parte, Trabada conseguiu outra axuda para o acondicionamento e mellora dos accesos a Vilapercide, A Cabana, A Portela e A Veiga dende a estrada LU-P-6102. A Xunta aporta 43.591 euros e o concello 11.080,45 euros (2.000 euros serán do modificativo).

Asimesmo, o concello di que habilita un crédito de 13.000 euros para diferentes tarefas de mantemento na rede viaria municipal. Serán traballos no pavimento e o firme de varios camiños moi deteriorados polas numerosas chuvias dos meses de xaneiro e febreiro. “Temos unhas contas municipais saneadas e grazas á boa xestión económica podemos habilitar este modificativo, con cargo aos fondos propios para proxectos que mellorarán a vida diaria dos nosos veciños e veciñas”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...