Os portos galegos de titularidade estatal tiveron un tráfico de mercadorías de 2.531.812 de tonelanadas en abril, unha cifra lixeiramente inferior á rexistrada un ano antes (-0,16%), segundo os datos publicados este mércores polo Ministerio de Transportes. Unha situacón que tamén afectou ao porto de Ferrol-San Cibrao.
Este retroceso contrasta coa subida media que se produce en España (+8,7%), nun mes no que os 46 portos de interese xeral do Estado moveron 45.458.749 toneladas.
O porto da Coruña é o que provoca a caída media en Galicia no cuarto mes, dado que se deixa un terzo das súas mercadorías e queda só en 784.205 toneladas.
E é que o resto de portos do Estado en Galicia soben en canto a mercadorías en abril: Ferrol-San Cibrao rexistra 1.002.681 de toneladas; Marín e ría de Pontevedra, 211.674 toneladas; Vigo, 408.170 toneladas; e Vilagarcía, 125.082 toneladas.
No tocante ao acumulado entre xaneiro e abril, hai un repunte nas mercadorías que se moven en Galicia do 1,2% (un total de 9.645.328 toneladas), mentres que no país hai un lixeiro descenso do 0,2%.
Así, os portos Vilagarcía, con 461.675 toneladas (+25,6%), e Vigo, 1.522.345 (+14,9%), lideran o incremento do acumulado do primeiro cuadrimestre. En cambio, baixan no resto: A Coruña, 3.704.976 toneladas (-3,3%); Ferrol-San Cibrao, 3.252.544 toneladas (-1,5%); e Marín, 703.788 toneladas (-0,20%).