InicioCastropol apúntase á construción de buques para os parques eólicos mariños

Castropol apúntase á construción de buques para os parques eólicos mariños

Este novo buque, deseñado por Salt Ship Design, conta cunha eslora de 88,3 m e unha manga de 19,7 m.

Publicada o

- Advertisement -

O astaleiro Gondán, de Castropol, realizou este mércores a botadura do buque dual de Apoio e Posta en marcha de Parques Eólicos Mariños (CSOV) co que entra de cheo na carreira pola construción deste tipo de barcos nunha industria, a eólica mariña, en auxe.

Este novo buque, deseñado por Salt Ship Design, conta cunha eslora de 88,3 m e
unha manga de 19,7 m, estará preparado con tecnoloxía de cero emisións e apoiado
con fondos do goberno noruegués a través de Enova SF. Será o barco número 14
construído para unha empresa do grupo Østensjø. Cunha acomodación para 120
persoas -97 técnicos e 23 tripulantes- o buque dedicarase a dar apoio á compañía
Ocean Breeze durante a súa operación no campo eólico Bard Offshore 1 en Alemaña.
Para iso contará cos máis modernos e automatizados equipos, incluíndo un guindastre
offshore compensada 3D, unha pasarela offshore compensada cun alcance de 30 m e
un elevador integrado capacidade de 26 persoas.

Ao acto de botadura asistiu o consejor de Industria de Asturias, a Conselleira Delegada de PYMAR, o presidente de Astilleros Gondán, o presidente do Principado de Asturias, e a delegada do Goberno en Asturias, ademais do alcalde de Castropol, entre outras autoridades.

“A situación global xerada por mor da pandemia do COVID-19 supuxo un reto
para o estaleiro, que soubo afrontar con gran esforzo e grazas a unha esmerada
coordinación e posta en marcha de todas as medidas necesarias, de acordo coa
normativa vixente2, apuntan desde a empresa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...