InicioVegadeo quere activar a súa economía local cunha nova Feira de Mostras...

Vegadeo quere activar a súa economía local cunha nova Feira de Mostras “en aberto”

Ademais de postos de alimentación e oportunidades haberá unha exposición de reptiles para goce do máis pequenos.

Publicada o

- Advertisement -

Aínda que a “pandemia está enriba”, o concello de Vegadeo quere volver a activar a súa economía local cunha nova edición da Feira de Mostras que será o epicentro comarcal no fin de semana de xuño, do 11 ao 13.

A intención é facer unha edición en aberto na explanada do recinto feiral e no Parque do Medal. A tradicional Silvallana volve, ademais, cunha feira cabalar, postos comerciais de artesanía, alimentación e oportunidades, tamén as pulperías e hamburgueserías para gozar dunha comida con familia ou amigos e unha exposición de réptiles que fará as delicias dos máis pequenos.

O alcalde de Vegadeo, César Álvarez, destacou en declaracións á Cope que se necesita algunha actividade para impulsar a economía e para “desconxestionar estas cabezas que durante a pandemia sufriron tanto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...