InicioEconomíaXunta e PSdeG volven cruzar acusacións sobre a situación de Alcoa

Xunta e PSdeG volven cruzar acusacións sobre a situación de Alcoa

Conde ciritica a inacción do Goberno central e Gonzalo Caballero pídelle a Xunta que "faga política industrial".

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, denunciou a “inacción” do Goberno en relación á situación da planta de Alcoa de San Cibrao, en Cervo e tamén de Alu Ibérica na Coruña. Mentres, o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusa á Xunta de non facer “ningún tipo de política industrial” en Galicia, nin tentar solventar a situación.

A preguntas dos xornalistas, e sobre a fábrica de San Cibrao, Conde cuestionou que “agora sexan os traballadores quen se teñan que reunir cos compradores”, en relación co encontro que manterán o día 9 con representantes da empresa Liberty. “Sorprende que o Goberno se desentenda deste proceso e o compromiso que tiña adquirido de intervir a través de SEPI parece que non se vai a cumprir”, asegurou o conselleiro para quen o Executivo está a deixar “pasar o tempo”.

Ao fío diso, manifestou que a Xunta seguirá demandando esta “intervención” da SEPI. “E se se desentiende é indicativo e preocupante de cara ao futuro”, apostilou. “Esperamos que haxa unha rectificacion e que o Goberno interveña en todas as conservacións para identificar o comprador que dea estabilidade aos postos de traballo”, engadiu.

GONZALO CABALLERO

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a apelar á “cooperación” entre “todas as administracións” para facilitar así a venda da factoría de Alcoa en San Cibrao. Así, defendeu que “o proceso de Alcoa ten que manter toda a cooperación entre todas as administracións para conseguir que se produza unha venda, que posibilite o mantemento da actividade industrial e o mantemento do emprego”.

“Ese é o noso compromiso e eu como secretario xeral do PSdeG vou traballar todo o posible e en todas as direccións para que a Xunta de Galicia tamén se poña a facer política industrial, para que cumpra coa Mariña e con Alcoa e para conseguir que esa venda se poida facer”, comprometeuse.

Caballero apelou a “manter toda a presión porque hai que facer efectiva esa venda”. “Hai distintas empresas con proxecto industrial, con traxectoria no sector que están dispostas a adquirir unha planta que ten viabilidade, que ten posibilidade de dar beneficios, que ten proxecto industrial e que é moi importante que siga funcionando na Mariña, porque a queremos en Galicia e porque a queremos no norte de Lugo”, remarcou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...