InicioEconomíaNéstor Rego pide unha "intervención temporal" de Alcoa por parte da Sepi

Néstor Rego pide unha “intervención temporal” de Alcoa por parte da Sepi

O deputado do BNG no Congreso destaca que hai que evitar o acontecido con Alcoa a Coruña que logo foi "revendida" a un grupo de risco. Cinco interesados en comprar a planta de aluminio pasan a primeira "criba".

Publicada o

- Advertisement -

O parlamentario do BNG, Néstor Rego, apostou en Lugo por “unha intervención temporal” por parte do Estado da factoría de Alcoa en San Cibrao (Cervo) como vía para dar continuidade aos traballos mentres se busca un comprador para a planta, á vez que advertiu do risco de que poida darse unha “solución errada” como ocorreu coa venda ao grupo Partner da factoría da Coruña.

En declaracións aos medios este xoves en Lugo, Rego puntualizou que no BNG concorda cos traballadores en que a SEPI debe “facerse co control da planta coa garantía de que despois se poida negociar cos compradores sobre a base de proxectos industriais sólidos e solventes que garantan a continuidade da actividade e dos postos de traballo na Mariña”.

Así, lamentou que o Ministerio de Industria se poña ” de lado e que diga que agora é o momento en que negocien directamente Alcoa e os posibles compradores”. Neste sentido, alertou da posibilidade de que se dea “unha solución errada, como se produciu con Alcoa A Coruña”, cuxa venda ao grupo Partner “baixo a tutela” do ministerio levou a cabo “sen cumprir eses compromisos de investimento e mantemento do emprego” e terminou “coa revenda a un grupo de risco que resultou ser unha entidade de carácter especulativo e que acabou coa intervención xudicial de Alu Ibérica”.

Por todo iso, emprazou a unha “intervención pública por parte da SEPI, aínda que sexa temporal”, aínda que puntualizou que ao BNG gustaríalle ” que fose permanente”. “Queremos que se recupere o control público dunha empresa que foi pública, Inespal, aínda que sexa temporal porque entendemos que hai unha maior garantía de continuidade que é o que esperan os traballadores e o conxunto dos veciños e veciñas da Mariña”, incidiu Rego.

 

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...