InicioCentralO Goberno central: "Non podemos estar máis tempo aguantando as trampas de...

O Goberno central: “Non podemos estar máis tempo aguantando as trampas de Alcoa para non vender”

"Intervirase con todo o necesario se se require e, posteriormente, darase apoio ao investimento do novo propietario", indica Raül Blanco.

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral de Industria, Raül Blanco, acusou a Alcoa de pór “trampas” para non vender a planta de aluminio primario de San Cibrao, nun momento no que hai “polo menos” seis empresas interesadas na compra da fábrica. Segundo declarou á prensa, “Alcoa enrocouse nun proceso xurídico, pondo ao Goberno e á SEPI como escusa para non vender. Hai polo menos seis empresas interesadas na compra da planta, e para iso non é necesaria a triangulación nin a intermediación do Goberno”.

Desde o seu punto de vista, a venda “pódese realizar con total normalidade dentro do marco xurídico e as administracións estarán, tanto o Goberno como a Xunta de Galicia, detrás desa operación, vixiando que se faga conforme ao marco xurídico e dando todas as garantías necesarias para que esa venda se produza”. “Intervirase con todo o necesario se se require e, posteriormente, darase apoio ao investimento do novo propietario“, indicou.

Por iso, opina que “é absurdo e surrealista e caemos de novo nas trampas que nos pon Alcoa se todo condiciónase a respostas xurídicas e procesos de meses anteriores, cando agora hai un proceso claro de seis licitantes que queren comprar esa planta“, dixo. “O único que ten que facer Alcoa é vender e deixar paso a outro propietario, que teña licenza moral para operar en España”, engadiu.

De feito, suliñou que “a Alcoa acábaselle a súa licenza moral. Non podemos estar máis tempo, aguantando as trampas no proceso de venda de Alcoa e os seus procesos eternos de venda e de diálogo. Que venda, que o faga dentro do marco xurídico e o proceso vaia adiante”. “É a mellor garantía para os traballadores e para A Mariña”, apuntou.

CRIBADO DE COMPRADORES

Cinco dos seis interesados en facerse coa planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao, pasaron “a primeira criba” que implica a adopción dunha cláusula de confidencialidade, mentres que o sexto “aínda pode facelo estes días”, segundo informa o comité de empresa.

Ao termo dunha nova reunión multilateral sobre este proceso, transcorrido xa máis dun ano do inicio do conflito pola intención inicial da multinacional de pechar a planta, o Goberno central urxiulle a “que venda”. “O único que ten que facer Alcoa é vender, deixar paso a outro propietario que teña licenza moral para operar en España, porque a Alcoa acábaselle xa a súa licenza moral”, afirmou o secretario xeral de Industria, Raül Branco, en declaracións remitidas aos medios de comunicación.

Pola súa banda, a compañía apuntou que “mantén o seu compromiso de avanzar na venda a SEPI (a sociedade estatal de participacións industriais), tras o cal SEPI podería transferir a planta a un terceiro”.

Neste escenario, e con seis potenciais compradores, cinco deles recibiron o ‘term sheet’ de Alcoa, “que é o mesmo para todos”. Ademais, recibiron “informacións xenéricas e máis específicas” sobre a planta, segundo apunta o comité, tras o que lle comunicou este xoves a empresa.

“Nós imos ter reunións con tres dos seis compradores. Coñeceremos os plans industriais e sobre todo os enerxéticos, que nos dean viabilidade a longo prazo, para funcionar durante 20-25 anos. Quédanos que os outros dous compradores contacten connosco”, explicou o presidente dos representantes dos traballadores, José Antonio Zan, antes de facer un chamamento a “seguir unidos, loitando” polo futuro da fábrica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...