O comité de Alcoa di que hai unha empresa interesada en investir na planta

Non din de cal se trata por confidencialidade.

O comité de Alcoa, nunha protesta. DIEGO ALONSO COBELO

O comité de empresa de Alcoa mantivo a primeira reunión da súa rolda de contactos con empresas interesadas en comprar a planta de San Cibrao. Do encontro, celebrado este venres, o comité destaca a disposición desta compañía a investir na factoría, aínda que non achega máis información por motivos de confidencialidade.

Os representantes dos traballadores preguntaron polo plan enerxético e polo industrial. A clave vena no primeiro deles, debido ao custo da luz en España e a necesidade de garantir a viabilidade futura da fábrica.

Este xoves, despois dunha nova reunión multilateral, a empresa insistiu na necesidade de que sexa a SEPI a que medie na operación de compravenda, mentres que o secretario xeral de Industria incidiu en que dita triangulación “non é necesaria”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here