InicioEconomíaA Xunta constitúe o observatorio da eólica Mariña co obxectivo de "crear...

A Xunta constitúe o observatorio da eólica Mariña co obxectivo de “crear riqueza”

A Xunta di que terá que ser compatible co medio ambiente e o desenvolvemento da actividade marítimo pesqueira.

Publicada o

- Advertisement -

O observatorio da eólica mariña foi constituído este mércores como un punto de encontro desde o que a Administración autonómica, o sector industrial e o pesqueiro analizarán o impacto desta actividade e as posibilidades que ofrece o seu desenvolvemento en Galicia.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, subliñaron que, para que vaia adiante, a eólica mariña debe ser respectuosa coa súa contorna e compatible con actividades como a pesca. Trátase de “identificar oportunidades” e estudar os efectos que levaría a instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas, segundo destacou Conde.

Entre as súas funcións estarán “a promoción de foros técnicos de coñecemento, a creación dun espazo de información entre as administracións públicas e os sectores e a elaboración de estudos sobre oportunidades, impacto e potencial industrial”, segundo sinala a Xunta.

“Entendemos que para que Galicia siga crecendo é necesario seguir apostando por calquera iniciativa que poida crear riqueza e futuro para este país”, resaltou a titular de Mar, en declaracións aos medios de comunicación.

Falando da eólica ‘offshore’, como se lle denomina, Rosa Quintana remarcou que está “moi claro como primeiro obxectivo para que se desenvolva calquera actividade económica nova que ten que ser capaz de manter a sustentabilidade das actividades xa hoxe operativas“. “Que sexa compatible co desenvolvemento da actividade marítimo pesqueira”, apostilou.

Neste sentido, incidiu en que debe ser “respectuosa co medio ambiente, con todos os ecosistemas que hai en Galicia e co mantemento da costa galega”. O observatorio actuará “como un grupo de traballo para analizar diferentes posibilidades” e está “a dar estrito cumprimento ao que di a directiva comunitaria de crecemento azul”, apuntou.

Tamén, avogou por “traballar co sector, analizar posibles efectos, ver se é compatible e apostar polo desenvolvemento sustentable” e por facelo de “a mellor forma de facer as cousas, con consenso co sector e facendo todo coa máxima transparencia”. “Galicia dá un paso adiante neste sentido”, concluíu, ao asegurar que é a primeira comunidade autónoma que constitúe un observatorio destas características.

“PUNTO DE ENCONTRO”

Pola súa banda, Francisco Conde definiuno como “punto de encontro entre administración, sector industrial e pesqueiro para identificar oportunidades desde o punto de vista de desenvolvemento das renovables”.

Ao seu xuízo, Galicia ten “a posibilidade de liderar o desenvolvemento da eólica mariña”, o que implica a “oportunidade de crear empregos”, cando, ademais, este sector xa está a crear na comunidade máis de 800 postos de traballo, segundo os seus datos. “Pero pode impulsar un desenvolvemento tanto industrial como tecnolóxico”, advertiu.

Así mesmo, apelou á “oportunidade para desenvolver o pacto de estado de Ferrolterra”, o gran acordo que promove a Xunta para impulsar esta comarca. Por último, tamén avogou por “traballar conxuntamente para converter o desenvolvemento desta enerxía nunha oportunidade tamén no contexto dos fondos europeos Next Generation”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...