A ministra Maroto: “Alcoa non está a pór ningunha facilidade para vender”

Compara a situación da norteamericana coa de Nissan en Barcelona que ten unha "postura proactiva para atopar solucións".

Reyes Maroto, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros. AXM - Arquivo

A ministra de Industria, Reyes Maroto, reprocha que Alcoa “non está a pór ningunha facilidade” para a venda da planta de aluminio de San Cibrao. Nunha entrevista con TVE, a ministra contrapuxo a postura de Alcoa coa de Nissan, que é “moi proactiva” na mesa pola reindustrialziación da súa fábrica en Barcelona, de maneira que está a ser “parte da solución”. “Isto, por exemplo, non o temos en Alcoa”, queixouse a ministra, pois a “empresa di quererse ir, di agora querer vender, pero, desde logo, non está a pór ningunha facilidade encima da mesa para poder chegar a ese acordo”.

Reyes Maroto considera que “a maneira de afrontar as crises” é “con unión” como realiza Nissan, onde se alcanzou un “bo acordo”, a diferenza do que ocorre con Alcoa.

CONCENTRACIÓN ESTE DOMINGO

Mentres, o comité de Alcoa San Cibrao convocou unha nova protesta para reclamar unha solución á súa situación. Deste xeito, celebrará unha concentración este domingo, 20 de xuño, na Praza dos Campos, en San Cibrao.

Os traballadores avisan de que seguen “na loita” mentres hai varios investidores interesados na compra da fábrica. Os convocantes anuncian que haberá un pequeno obsequio para todos os asistentes e piden respectar a distancia de seguridade como prevención ante a pandemia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here