InicioEconomíaOfensiva sindical contra Alcoa para que cumpra a sentenza das plantas da...

Ofensiva sindical contra Alcoa para que cumpra a sentenza das plantas da Coruña e Avilés

Pidenq ue "se poña de inmediatamente en marcha o plan de rendas previsto, coa achega de fondos necesarios".

Publicada o

- Advertisement -

Os sindicatos esixiron que se cumpra a sentenza da Audiencia Nacional contra Alcoa e afirmaron a súa pretensión de activar as garantías contidas no acordo do 15 de xaneiro de 2019.

A pasada semana, a Audiencia Nacional condenou a Alcoa a cumprir as condicións sobre extinción de contratos que se produzan e de recolocación externa nos termos que se fixaron nos acordos alcanzados o 15 de xaneiro de 2019 nas plantas de Avilés e A Coruña, co que culminou o período de consultas iniciado como consecuencia da decisión empresarial de efectuar neses dous centros de traballo un despedimento colectivo.

Nun comunicado conxunto dos sindicatos (UGT, CCOO, USO, CIG e APC), sinalan que, dado que a venda “foi ficticia”, e que o Grupo Alcoa segue sendo “en realidade” o empregador, será á multinacional a quen esixan, a través da Audiencia, que cumpra a sentenza, “aínda que aínda non sexa firme”.

Desta maneira, solicitaron ao tribunal que aclare a data de cálculo das garantías, e que os representantes dos traballadores fixan no 31 de xullo de 2019, “data na que se materializou a venda das instalacións”. Toda a información no medio colaborador Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...