InicioEconomíaA Xunta volve cargar contra o Goberno central por non resolver a...

A Xunta volve cargar contra o Goberno central por non resolver a situación de Alcoa

Di que ten que "atopar unha solución, participar de forma activa no proceso de venda".

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia lamentou este martes a “urxencia improvisada” que manifesta o Goberno de España ao instar a Alcoa a venda “a un terceiro” e volveu a reclamar ao Executivo de Pedro Sánchez “que asuma o seu compromiso e cumpra a súa palabra”.

En declaracións aos medios antes de participar nun acto organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo, o vicepresidente e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, lembrou que o “compromiso” do Goberno de España con respecto á planta de San Cibrao “é claramente atopar unha solución, participar de forma activa no proceso de venda”.

Non entendemos esta urxencia improvisada, o que necesitamos é unha solución, porque un Goberno serio e responsable ten que cumprir a súa palabra e os seus compromisos, e liderar un proceso que, lamentablemente, non está a dar a solución que todos estamos a buscar”, sentenciou Conde.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...