Feijóo, xunto cos presidentes asturiano e cántabro, apostan pola enerxía eólica Mariña

Así o acordaron durante o encontro mantido o venres en Liébana.

Parques distribuídos por todo o territorio galego, segundo a Asociación Eólica Empresarial.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, xunto aos seus homólogos nos gobernos autonómicos de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, e de Asturias, Adrián Barbón, avogou por un traballo conxunto que permita impulsar a enerxía eólica mariña a través dun desenvolvemento “ordenado e respectuoso” co resto de actividades.

Así o acordaron durante o encontro mantido o venres en Liébana, no que tamén acordaron traballar de maneira conxunta para avaliar as posibilidades técnicas, viabilidade económica e desenvolvemento “ordenado” desta enerxía, de modo que sexa compatible co resto de actividades, especialmente a marítimo pesqueira, informou este domingo o Executivo autonómico tal e como informa Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here