InicioEconomíaO Comité busca fixar unha "posición común" coa ministra para a venda...

O Comité busca fixar unha “posición común” coa ministra para a venda de Alcoa

A ministra de Industria ten previsto viaxar a Pittsburgh, Estados Unidos, despois desta reunión, para falar coa dirección da factoría e tratar de desbloquear o proceso de venda. 

Publicada o

- Advertisement -

Comité de Alcoa espera unha “posición común” en reunión de mañá con Maroto

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao confía en que poida saír “unha posición común” da reunión que mañá van manter os seus representantes coa ministra de Industria, Reyes Maroto, para pechar a venda da fábrica de aluminio primario a un comprador industrial que garanta o futuro da produción e dos postos de traballo.

En declaracións a EFE, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, explicou que, na reunión convocada para mañá, en teoría para fixar “unha folla de ruta común”, participará a ministra de Industria, os representantes do propio comité, a Xunta de Galicia e os sindicatos.

“Esperamos que desa reunión salga unha posición común, que se tome unha decisión avalada por todas as partes, para seguir avanzando”, dixo Zan. Desde o seu punto de vista, chegou o momento de “deixar de dar voltas ao redor do mesmo círculo” para que a negociación poida chegar definitivamente a bo porto. “Non conseguimos saír deste bucle, pero é necesario avanzar”, engadiu.

O propio comité informou a semana pasada de que a ministra de Industria ten previsto viaxar a Pittsburgh, Estados Unidos, despois desta reunión, para falar coa dirección de Alcoa e tratar de desbloquear o proceso de venda.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...