InicioEconomíaO BNG pídelle á Xunta e Goberno central que actúen para facilitar...

O BNG pídelle á Xunta e Goberno central que actúen para facilitar a compra de Alcoa

Di que teñen que saír "da súa posición inmovilista" e facilitar unha saída á factoría.

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Goberno central e á Xunta “que saian da súa posición inmovilista” con respecto ás negociacións para a venda da planta de aluminio de Alcoa en Cervo, onde aposta pola intervención pública “como única medida realmente eficaz” para garantir o futuro industrial.

“Os últimos acontecementos certifican que esta é a vía para posibilitar que Alcoa San Cibrao continúe coa actividade e coa totalidade dos postos de traballo”, advertiu o nacionalista, tras a reunión da ministra de Industria, Reyes Maroto, en Pittsburgh co presidente da multinacional.

Respecto diso, o deputado do Bloque evidenciou que “a ministra anunciou que a empresa estaba disposta a vender de maneira directa, cousa que foi desmentida pola dirección” da empresa. Así as cousas, vese ante “a situación anterior”, na que traballadores e empresa “entenden que a mellor opción é que a SEPI actúe como intermediaria e a partir de aí buscar un comprador que garanta un proxecto industrial”.

Por iso, o BNG reclama “unha vez máis” ao Goberno español e á Xunta “que saian da súa posición inmovilista e vaian a esa alternativa de intervención pública, a única solución real para evitar o que aconteceu coa Coruña”, onde Alcoa desfíxose dunha factoría na actualidade intervida xudicialmente por indicios de descapitalización.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...