InicioCentralComité de Empresa de Alcoa: "Queremos claridade. Levamos un ano e dous...

Comité de Empresa de Alcoa: “Queremos claridade. Levamos un ano e dous meses sen saber se nos van a despedir”

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, agarda algún anuncio concreto no encontro deste domingo.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, sinalou que se o Goberno e a multinacional están a negociar a eventual venda da factoría de San Cibrao “lévano en segredo“. “Se están a negociar lévano en segredo, o cal é mellor”, agregou o sindicalista de Comisións Obreiras. Sexa como sexa, apelou a que o que necesita o persoal é que na reunión que este venres manterán “en teoría” haxa “avances”.

“Que teñamos unha proposta de solución por Alcoa e o Goberno e podamos avanzar no proceso de venda e quitarnos de encima esta espada de Damocles”, incidiu Zan. Ese encontro aínda non foi convocado, aínda que Zan advirte que “Alcoa lanzará unha contraoferta ao Goberno” na cita. “A reunión sería co Goberno, logo Alcoa tennos que convocar a nós”, explicou.

Tamén aproveitou para celebrar que o Tribunal Supremo inadmitiu o recurso da compañía ás cautelares que impediron a paralización da actividade en Cervo. “Hai unha boa dilixencia polos tribunais que están a ser, a parte de xustos, rápidos”, sinalou.

O SUPREMO, O 20 DE OUTUBRO

“O 20 de outubro temos o recurso á sentenza do ERE. Aí pode haber un punto de inflexión. O que cremos é que non se ten que deixar encima da xustiza a responsabilidade para que un país siga producindo aluminio ou non. Queremos que sente Alcoa a negociar de verdade e vender está fábrica“, subliñou.

De momento, os traballadores seguen producindo aluminio, e mantense esa redución “dun once por cento” desde que se impuxo esa rebaixa na produción en xuño de 2019.

O que necesitamos non é producir máis ou menos, o que queremos é claridade e certezas porque a xente está moi angustiada. Levamos un ano e dous meses sen saber se nos van a despedir ou non. Vivir con esa angustia ao final á xente pásalle factura e a comarca da Mariña está cunha redución económica brutal e necesitamos que rexurda”,

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...