IniciosociedadeCesado o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao menos dun ano...

Cesado o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao menos dun ano despois de asumir o cargo

Trátase do oficial da Armada e enxeñeiro naval, Indalecio Seijo.

Publicada o

- Advertisement -

O que veu sendo nos últimos meses presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo, foi cesado pola Xunta e no seu lugar foi nomeado outro ferrolán, Francisco Barea, que actualmente era o director do Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Así aparece recollido no Diario Oficial de Galicia (DOG) de leste vés, 27 de agosto, en sendas ordenes de cesamento e nomeamento asinadas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Indalecio Seijo, oficial da Armada e tamén enxeñeiro naval, non estivo nin un ano á fronte do ente portuario, xa que foi nomeado o 20 de novembro de 2020.

Nos últimos meses producíronse diversos desencontros entre Seijo e a UTE (Unión Temporal de Empresas), encargada de executar as obras do acceso ferroviario ao porto exterior de Caneliñas.

Francisco Barea é enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e antes de ser nomeado director do Instituto de Estudos do Territorio desenvolveu o seu labor en varias empresas do ámbito da construción e da elaboración de proxectos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...