Goberno, Xunta, sindicatos e comité de empresa de Alcoa San Cibrao reúnense este luns 30 de agosto para abordar a eventual venda da fábrica de aluminio de Cervo a un terceiro.
O encontro, segundo informa o comité, está fixado para as 16,30 horas e o seu obxectivo é tratar de “acabar de unificar posturas” para avanzar na operación, que está bloqueada desde hai meses.
A escasos días do inicio de setembro, sobre o persoal pesa a data do 20 de outubro, día no que o Tribunal Supremo convocou aos maxistrados da sala do social para debater sobre o recurso que interpuxo Alcoa contra a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE) na fábrica. Ese axuste afectaba a máis de medio centenar de empregos da planta.