Os obreiros de Alcoa na Coruña piden unha mediación e instan a Avilés e San Cibrao a facer folga

Reclaman unha mesa local de negociación do ERE e chaman a un paro de 24 horas o día 30

Queima de pneumáticos na planta de Alcoa na Coruña. REBELIÓN ALUMINIO

O comité de empresa de Alcoa na Coruña reclamou a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais entre empresa e traballadores para decidir onde debe constituírse a mesa de negociación.

Os traballadores demandan que se constitúa unha mesa local, polo que reclaman que o AGA (Acordo galego de solución extraxudicial de conflitos no traballo) delimite esta cuestión, comprometéndose a aceptar o dictame deste organismo.

Ademais, por outra banda, o comité reclama ao Goberno central que interveña a compañía, que espuxo un expediente de regulación de emprego para o peche das factorías coruñesa e de Avilés, en Asturias.

Os obreiros cren que, ata que non se emita unha sentenza pendente do tribunal de Rotterdam sobre a denuncia interposta polo comité europeo contra Alcoa, “débese aprazar calquera decisión“, expón o presidente do comité de empresa coruñés, Juan Carlos López Corbacho.

PROTESTAS

O comité convocou para o vindeiro luns unha concentración ante a delegación do Goberno na Coruña para esixir “medidas contundentes” ao Executivo central.

Para o venres 30 -día no que remata o prazo do período de consultas convocado por Alcoa- hai prevista unha folga de 24 horas, co ofrecemento para que tamén a secunden os cadros de Avilés e San Cibrao.

Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here