InicioEconomíaReclaman ao Goberno a licitación da A-74 na Mariña

Reclaman ao Goberno a licitación da A-74 na Mariña

O BNG apunta a necesidade da comarca de posuír vías de comunicación para a conexión entre os portos de San Cibrao, Burela, Celeiro e Ribadeo; o Hospital da Mariña, localizado en Burela; e a factoría de aluminio de San Cibrao.

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas para que o Ministerio de Transporte impulse a tramitación das obras de construción da autovía A-74 na Mariña e licite o proxecto canto antes.

A formación nacionalista apunta a necesidade da comarca de posuír vías de comunicación para a conexión entre os portos de San Cibrao, Burela, Celeiro e Ribadeo; o Hospital da Mariña, localizado en Burela; e a factoría de aluminio de San Cibrao.

Este martes, Rego e o deputado no Parlamento Daniel Castro reuníronse con representantes do tecido socioeconómico da comarca da Mariña. “As infraestruturas son un elemento fundamental para o desenvolvemento socioeconómico dun territorio. Neste caso, para A Mariña, que ten enormes potencialidades, arrastra unha discriminación histórica con obras pendentes”, destaca Néstor Rego.

Así, censura os 17 anos de atraso desde a promesa do Goberno central para impulsar a A-74. “Esta autovía, conectada á vía de altas prestacións propiedade da Xunta de Galicia San Cibrao-Ferrol, que ten 15 quilómetros construídos dos 80 previstos, comunicaría as comarcas da Mariña, Ortegal, Ferrolterra e a cidade de Ferrol que quedaron desconectadas da A-8, a chamada Autovía do Cantábrico” explica o deputado do BNG.

Sobre este extremo lamenta que “nos Orzamentos Xerais do Estado non se consignou partida suficiente para afrontar os 242 millóns de euros que se estima pode supor a construción desta infraestrutura“. Agrega que tan só houbo unha cantidade simbólica de 100.000 euros para cada un do tres tramos entre Barreiros e Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...