InicioEconomíaSegue "o maltrato" aos usuarios do tren, con supresións e retrasos de...

Segue “o maltrato” aos usuarios do tren, con supresións e retrasos de 70 minutos

A plataforma polo ferrocarril pregúntase "por que non se intervén" nunha liña que rexistra "o 30% das incidencias ferroviarias do Estado"

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que continúa “o maltrato” aos usuarios do servizo, con varias supresións e retrasos ao longo da última semana.

O colectivo denuncia que o pasado sábado suprimíronse os servizos matinais Ribadeo-Ferrol e Oviedo-Ferrol.

O domingo, segundo apunta a agrupación, as liñas Oviedo-Ferrol e o Ferrol-Ribadeo circularon “con 50 minutos de retraso, ata que foron definitivamente suprimidas”.

O pasado luns, os servizos matinais de media distancia desde Xuvia ata Pravia non saíron e debeuse ofrecer aos usuarios un transporte alternativo.

Finalmente, este martes, a liña Ferrol-Oviedo funcionou cunha dilación de 68 minutos, segundo indica a plataforma.

“TÁCTICA DO CANSAZO”

O colectivo asegura que existe “un pacto de silencio” entre “o Ministerio de Fomento, estea á fronte o PP ou o PSOE, e a Xunta de Galicia para usar a táctica do cansanzo para os veciños destas comarcas, que teñen que buscarse a vida e abandonar este tren”.

ESTUDANTES E OBREIROS AFECTADOS

A plataforma na defensa do ferrocarril do norte de Galicia asegura coñecer “casos de estudantes que perderon a avaliación en materias por retrasos e de traballadores que deixaron os seus empregos por imposibilidade de trasladarse”.

“Quen pode xogarse non chegar a tempo a unha cita médica con este servizo”, cuestiona a agrupación.

A agrupación resalta que a liña Ferrol-Oviedo rexistra o 30% das incidencias ferroviarias no Estado e pregúntase “por que non se fai nada para remedialo”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...