O Goberno confirma que só haberá solución para a planta de Cervo “se Alcoa quere”

Raül Blanco di que se está traballando" e "buscando un consenso" para evitar que os traballadores vaian á rúa.

Raül Blanco, secretario xeral de Industria e Peme. AXM

O secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, Raül Blanco, afirmou que o Goberno traballa para atopar unha solución para as plantas de Alu Ibérica, na Coruña, e de Alcoa, en Cervo .

Preguntado polos medios este martes na Coruña, explicou que o Executivo central mantense en contacto co comité de empresa e cos sindicatos. No caso de Alu Ibérica, sinalou que o administrador xudicial “está a traballar” e que “hai que ver que solucións vanse abrindo”. E aínda que se mostrou confiado en que a haberá, apelou á prudencia nestes momentos.

Respecto da planta de Alcoa, manifestou que espera que haxa “novidades”. O secretario xeral Industria sinalou que “a responsabilidade” está en Alcoa e asegurou que “haberá solución” para as instalacións da provincia de Lugo se a multinacional estadounidense “quere”.

Sobre a proposta da empresa para manter as operacións da planta de Cervo e non iniciar o despedimento colectivo ata o próximo verán, insistiu en que “se está traballando” e “buscando un consenso” entre as administracións, o comité de empresa e os sindicatos.

O secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, Raül Blanco, realizou estas declaracións coincidindo coa súa presenza na presentación dunhas xornadas na Fundación Paideia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here